FÍSICA y QUÍMICA.. Bea&raQuel ~

miércoles, 13 de febrero de 2008

OS BURACOS NEGROS


Un buraco negro é a etapa final de unha estrela que teña 40 ou 50 veces a masa do sol. Esta estrela, explotará en forma de supernova.

Un buraco negro está formado en tres partes principais:

1. ORBITA DO BURACO NEGRO

Esta é a parte exterior do buraco. Nesta órbita está toda a materia que vai tragar, por dicilo de
algunha maneira o buraco negro. Esta materia esta xirando entorno ao buraco, cada vez máis
dentro ata que a traga. Todavía non se sabe a donde irá a parar toda esta materia..


2. HORIZONTE DE SUCESOS

É como unha válvula, solo pode atravesarse nun sentido, unha vez que cruzas o horizonte de sucesos, xa non podes sair de alí (nin sequera a luz). Poño un exemplo, se unha nave interestelar quizera sair do horizonte de sucesos necesitaria unha aceleración infinita!

3. A SINGULARIDADE

É a ultima parte do buraco negro. No caso de que a nave do exemplo que puxen antes chegase a esta parte, se comprimiria hasta densidades moi elevadas.



En 1915, Albert Einstein desarrollou a Teoría da Relatividade.
A predicción de Einstein sobre a inclinación da luz, foi confiramada en 1919 durante un eclipse.


De esta teoría sacou o concepto de buraco negro, estrellas con moito volume cunha atracción gravitacional tan grande que nada pode escapar, nada en absoluto, nin sequera a luz.

En 1916 o astrónomo alemán Karl Schwarzschild usou a teoría da relatividade, que desarrollara Einstein para calcular a posibilidade teórica de que os buracos negros poderan existir.


DESCUBRIMIENTOS RECIENTES

En junio de 2004, os astrónomos descubriron un buraco negro, o Qo906+6930, no centro dunha galaxia que se encontra a 12.700 millones de anos luz de a Terra.

En el año 2007 descubriuse un buraco negro na constelación de Casiopea, a unha distancia de 1,8 millons de anos luz do noso planeta cunha masa entre 24 e 33 veces mayor que o Sol.


ACTUALIZA: RAQUEL ALVAREZ :)

lunes, 4 de febrero de 2008

PLANO INCLINADO



O plano inclinado é o plano que forma un ángulo con outro plano horizontal.
É unha forma de disminui-la forza que debes exercer sobre un obxecto para elevalo, aumentando a distancia. Así, a forza que é preciso exercer para subir unha mochila, por exemplo, polo plano inclinado é menor canto maior é a lonxitude deste.
O plano inclinado aparece de moitas formas, unha delas é en forma de cuña. Cunha cuña pódese elevar lentamente un obxecto ou partir un trozo de madeira xa que crea unha forza maior en ángulo recto que a forza que se aplica cada vez que se golpea a cuña. Un hacha é unha cuña afilada suxeita a un mango; a cabeza do hacha utiliza unha pequena forza, o golpe do hacha, para producir unha forza maior que corta cando o filo atrvesa separando a madeira en dous trozos.
Un tornillo é un plano inclinado enroiado ó redor do cilindro do centro. Nos tornillos da mesma lonxitude, a ventaxa é maior canto maior é a rosca, ou máis voltas teña, xa que cantas máis voltas a lonxitude do plano inclinado é maior.
Para elevar un obxecto fai falla certo traballo. A cantidade de traballo que se precisa é igual á forza par empuxar o obxecto multiplicada pola distancia ó longo da cal se exerce a forza:
TRABALLO = FORZA · DISTANCIA
-exemplo:


Subir unha maleta 1m. A maleta pesa 120 newtons, sen o plano inclinado habería que subir a maleta cunha forza de 120N ó longo de 1m. traballo=120N·1mCo plano inclinado é máis sinxelo realizar ese mesmo traballo. O plano inclinado pongamos que é unha táboa de tres metros.

Agora a forza necesaria son 40N ó longo de 3m, pero o traballo segue sendo o mesmo, xa que: 40N·3m=120N·1m. O plano inclinado fixo que fose máis fácil cambiando o ángulo en que se empuxa, agora non fai falla facer unha forza igual ó peso da maleta.

Así, no plano inclinado se cambia forza por distancia, sendo igual a cantidade de traballo.

ACTUALIZA: BEATRIZ MÉNDEZ

domingo, 27 de enero de 2008

GALILEO GALILEI (1564-1642)





Galileo era un físico e astrónomo italiano. Naceu preto de Pisa en 1564; o seu pai, Vicenzo Galilei, dicía que as teorías ríxidas no deixaban evolucionar á música e Galileo pensaba o mesmo da teoloxía de Aristóteles.
Estudou cuns monxes e foi a Universidade de Pisa para estudar mediciña, pero logo cambiou e estudou filosofía e matemáticas. Ó final, deixou a universidade sen obter o título.
En 1589 deu clases en Pisa, onde se di que demostrou ós seus alumnos o erro de Aristóteles ó afirmar que a velocidade de caída dos obxectos era proporcinal ó seu peso, deixando caer dende a torre de Pisa dous obxectos que tiñan diferente peso. Ese ano foi admitido na cátedra de matemáticas da Universidade de Padua. Ali inventou un 'compás' de cálculo. Descubriu as leis da caída dos corpos e atraxectoria dos proxectis, estudou o mevemento do péndulo e investigou a mecánica.

Estivo de acordo coa teoría de Copérnico de que a Terra xiraba ó redor do Sol, o que contradicía ó que se pensaba nesa época de que a Terra era o centro do Universo.
Enterouse de que nos Países Baixos se había inventado un telescopio. En 1609 había construído un telescopio de vinte aumentos, co que descubriu montañas e cráteres na Lúa, tamén se deu conta de que a Vía Láctea estaba composta de estrelas e descubriu os catro satélites máis grandes de Xúpiter. Publicou estes descubrimentos nun libro que se titula ''O mensaxeiro dos astros''; con isto fíxose moi famoso e foi nomeado matemático da corte e puido dedicarse a investigar e escribir.



Os mestres de filosofía burláronse del, xa que Aristóteles afirmara que no ceo só podía haber corpos esféricos e non podía aparecer nada novo. Publicou un libro sobre os corpos de flotación e un tratado sobre as manchas solares e por todo isto foi criticado e acusado de herexía por dicir que a Terra se movía.
O cardeal Belarmino avisou a Galileo de quen non defendese esa teoría. Durante uns anos mantívose en silencio, facendo investigacións científicas.
Galileo publicou un libro sobre as mareas no que se falaba das hipótesis de Copérnico e Tolomeo sobre isto e foi acusados pola Inquisición de sospeitoso de herexía e se lle condenou a prisión perpetua.


En 1979 Juan Pablo II abriu unha investigación sobre a condena de Galileo e en outubro de 1992 unha comisión papal recoñeceu que o Vaticano cometera un erro; a boas horas, 350 anos despois de que morrese.
ACTUALIZA BEATRIZ MÉNDEZ.

domingo, 20 de enero de 2008

TITANIC

Todo ocurriu aquela noite do 14 de abril de 1912, estaban avisados de que habería enormes masas de xeo derivando polo Atlántico, e de que o Titanic viaxaba a demasiada velocidade (41kmh).


A única precaución que tomou o capitán do gran buque, foi dicirlle aos vixias que estiberan atentos aos posibles icebergs. Catro horas máis tarde do aviso, un mariñeiro deu o aviso de que estaban pegados a un iceberg. Sin diminui-la velocidade a nave xirou, e o Titanic rascouse co iceberg.


Anos despois da traxedia, analizaron unha plancha de metal, que atoparon na nave. Isto demostrou que o aceiro co que se contruira o buque tiña demasiado azufre; e era tan fráxil como o cristal.
Con isto tamén descubriron que o que provocou o hundimento foron varias grietas ó largo dos compartimentos, e non unha soa grieta, como se dixera sempre. Para demostrar isto, usouse o péndulo Charpy.



En 1991, o canadiense Steve Blasco, descendeu ata onde se atopaba o titanic, e encontrou un pequeño disco metálico procedente do casco, que non estaba deteriorado, pero si roto. Ao analizalo, viron que o aceiro que o formaba era demasidado fráxil, debido a cantidade de azúfre que tiña. Eso si, na época do Titanic,non se sabía que un alto contenido de azúfre faría o aceiro máis quebradizo.

Segundo esta investigación se o aceiro houbera sido de boa calidade, ou simplemente o aceiro correcto, ''EL BUQUE DE LOS SUEÑOS'' non se tivera hundido, se non qe soamente se houbera aboiado, coma un coche cando ten un accidente.

ACTUALIZA: RAQUEL ALVAREZ.

(Eloy, non me podes negar que o feito de que o Titanic húndirase, na súa maior parte, por ter unha alta cantidade de azufre no aceiro non é interesante. =P )

domingo, 13 de enero de 2008

A GRAVITACIÓN

A gravitación é a atrcción mutua de tódolos obxetos compostos de materia. E a
gravedade e a forza gravitatoria entre a Terra e os obxetos que están na súa
superficie ou preto dela.
As catro forzas que controlan as interaccións da materia son a gravitación, as forzas nucleares débil e forte, e a forza electromagnética.Hata agora non hai ningunha teoría que poida englobar ás catro forzas e tampouco se puideron detectar as ondas gravitacionais.

Isaac Newton cria que unha mesma idea poderia explicar por qué os obxectos caen ó chan e por qué a lúa xira ó redor da terra. A Terra exerce unha forza sobre os obxectos que fai que se aceleren ó caer, cando lanzas algo horizontalmente ocórrelle o mesmo e se acelera hacia abaixo, como cando cae en vertical;



canto máis rápido se tire o obxeto, máis lonxe chega. Newton imaxinou que se se lanzase un obxeto a moita velocidade, a sú traxectoria faría un círculo ó redor da Terra, e podería entrar nunha órbita circular, estaría sendo atraída ata o centro da Terra pero sen achegarse nunca a ela.



Se a velocidade fose ainda maior, a órbita sería elíptica.


Asi Newton enunciou unha lei que abarcaba todo isto, a lei de grvitación, que di que a atracción gravitatoria entre dous obxetos é directamente proporcional ó producto das masas dos dous obxetos e inversamente proporcional ó cadrado da distancia entre eles. Isto pódese expersar sendo F a forza gravitatoria, m1 e m2 as masas dos obxetos, d a distancia entre eles e G a constante gravitaoria. Agora esta lei utilízase para calcular as traxectorias das sondas espaciais.


A forza de gravedade que sofre o obxeto non é igual en todos os lugares da superficie da Terra, debida principalmente á rotación. A forza da gravedade que se mide, en realidade é unha combinación da forza gravitatoria e a forza centrífuga oposta. No ecuador, a forza centrífuga é relativamente alta, o que fai que a gravedad sexa relativamente baixa; nos polos, case non hai forza centrífuga, así, a gravedade é relativamente alta.

A gravedade soe medirse dacuerdo á aceleración que lle da a un obxeto na superficie da Terra. O valor da aceleración da gravedade cando se fan cálculos é de 9,80665 metros por segundo cada segundo. Así, se quitamos a resistencia do aire, un corpo que caiga libremente aumentará cada segundo a súa velocidade en 9,80665 metros por segundo.

viernes, 4 de enero de 2008

A AUGA OSIXENADA

A auga osixenada, chamada tamén peróxido de hidrógeno (H2O2), é un composto químico que polo xeral se presenta en estado líquido. é moi coñecido por exerce-lo poder de oxidante. É un líquido incoloro e amargo.


O peróxido de hidóxeno é inestable e se descompón rapidamente a osixeno e auga.


O peróxido de hidóxeno encóntrase en baixas concentracións en moitos productos que usamos no día a dia. Na industria úsase en concentracións mais altas xa que se usa para blanquea-lo papel ou as teas, ou como compoñente de combustibles para cohetes. Tamén é frecuente que se use para fabricar escuma de caucho e substancias químicas orgánicas.



A auga osixenada empezou a desenvolverse no ano 1920 por científicos, co único obxectivo de curar os problemas de infeccións e gangrena nos soldados que estaban feridos nos hospitales. A auga osixenada mídese por volúmenes, aquela utilizada para o uso mediciñal, é a auga osixenada de 10 volúmenes.

Hoxe en día a auga osixenada serve para o mesmo que fai uns anos atrás, pero o uso mais frecuente e de desinfectante, xa que por por un exemplo, cando un neno faise unha ferida na pel, o primeiro que botamos e a auga osixenada (varias veces ao día) para que cicatrice a ferida. ( claro que para obter unha meyor cicatricación debemos botar despois betadine).

Aún asi, por exemplo, se aplicamos a auga osixenada nos pes, pola noite, evitará problemas de hongos e de mal olor. Así como se botamos otra pouca na auga do baño, ayudará a manter a pel saudable.

Se metemos os cepillos de dentes nunca pouca de auga osixenada, éstes quedarán libres de xermes, que son os causantes da mayor parte dos problemas bucales.

A auga osixenada tamén sirve, para desinfectar despois do seu uso as táboas para a carne ou calquera outro utensilio de cociña.

Se lle votas auga osixenada as roupas que precisen desinfección ( antes de metelas na lavadora, claro) ,( como poden ser as que se atopen con sangue.. etc.) serán totalmente desinfectadas.



Como ultimo exemplo podemos por un antiguo remedio casero contra os resfriados e a sinusitis, xa que se mezclas a auga osixenada a medias con auga pura e a aplicas na nariz, matará aos xermes ou outros microorganismos malos.




Eloy, se te fixas, non puxen ningunha cariña =) jaja.



BO NADAL!


actualiza: RAQUEL ALVAREZ

sábado, 15 de diciembre de 2007

O ALCOHOL

Os alcoholes son un grupo de compostos químicos do carbono que conteñen o grupo OH. Comunmente, esta palabra utilízase para referirse a un destes grupos, o acohol etílico ou etanol, que é o das bebidas alcohólicas. Este nome provén dunha palabra árabe: al-khul, que era un po de antimono que se usaba para maquillar os ollos. Ó principio se lle chamaba alcohol a calquera po fino, per logo os alquimistas medievais de Europa o usaban para as substancias obtidas por destilación.

Os alcoholes clasifícanse segundo teñean un, dous ou tres grupos de hidróxido enlazados ás súas moléculas en monohidroxílicos (metanol e etanol), dihidroxílicos e trihidroxílicos. E tamén segundo teñan un, dous ou tres átomos de carbono enlazados co átomo de carbono ó que está unido o grupo hidróxido en primarios, secundarios ou terciarios. Os alcoholes interveñen en moitas reaccións, unha das máis importantes é a rección cos ácidos, na que se forman substancias chamadas ésteres. Están presentes na dixestión e nos procesos químicos no interior das células e atópanse nos texidos e fluidos de animaies e prantas.

METANOL:


É o alcohol de madeira. Chámase tamén alcohol metílico e a súa fórmula é CH3OH. Éste é o máis sinxelo dos acoholes. Antes preparábase pola destilación da madeira, pero agora case todo o que se produce é de orixe sintético. Prepárase a partir de hidróxeno e monóxido de carbono.
Utilízase para desnaturalizar etanol, como anticonxelante, como disolvente ou na sítese de compostos orgánicos. O metanol pode resultar perigoso se o bebes(en forma líquida) ou o inhalas(en forma de vapor).

ETANOL:

Temén chamado alcohol etílico, a súa fórmula é C2H5OH. É un líquido transparente e incoloro e ten un olor agradable. É o que se atopa nas bebidas como a cervexa, o viño, etc. Como ten un baixo punto de conxelación utilizouse nos termómetros para medir temperaturas máis baixas que o punto de conxelación do mercurio(-40ºC) e como anticonxelante nos radiadores dos coches. Ten un punto de fusión máis baixo que o metanol e un punto de ebulición máis alto.
Obtense por fermentación de azúcares, xa dende a antigüedade. Mediante este proceso fabrícanse todalas bebidas con etanol e a metade do etanol industrial. Moitas veces utilízase como materia prima o almidón da patata, do maíz e doutros cereais. A cimasa(enzima de la levadura), transforma o azucre en dióxido de carbono. A reacción da fermentación é a seguinte:
C6H12O6 -> 2C2 H5OH + 2CO2



é moi complexa, xa que se os cultivos de levadura son impuros producen moitas outras substancias, como a glicerina. O líquido fermentado contén entre un 7 e un 12% de etanol e, mediante unha serie de destilacións, concéntrase hata chegar a un 95%. A maioría do etanol que non é para o consumo humano prepárase sintéticamente, e tamén, un pouco, a partir da pulpa de madeira.
O etanol, ó oxidarse, produce etanal e ó oxidarse éste produce ácido etanoico. a partir do etanol obtéñense moitísimos productos químicos. Pódese mezclar con auga e coa maioría dos disolventes orgánicos e é un bo disolvente. Utilízase na elaboración de perfumes, lacas e explosivos. Se a disolución é de substancias non volátiles chámase tintura, se é de substancias volátiles chámase espíritu.

ALCOHOLES SUPERIORES:

Son os que teñen maior masa molecular que o etanol. Teñen outras aplicacións, como por exemplo o butanol, que se usa como base para perfumes e fixadores.





ACTUALIZA: BEATRIZ MÉNDEZ