Galileo era un físico e astrónomo italiano. Naceu preto de Pisa en 1564; o seu pai, Vicenzo Galilei, dicía que as teorías ríxidas no deixaban evolucionar á música e Galileo pensaba o mesmo da teoloxía de Aristóteles.
Estudou cuns monxes e foi a Universidade de Pisa para estudar mediciña, pero logo cambiou e estudou filosofía e matemáticas. Ó final, deixou a universidade sen obter o título.
En 1589 deu clases en Pisa, onde se di que demostrou ós seus alumnos o erro de Aristóteles ó afirmar que a velocidade de caída dos obxectos era proporcinal ó seu peso, deixando caer dende a torre de Pisa dous obxectos que tiñan diferente peso. Ese ano foi admitido na cátedra de matemáticas da Universidade de Padua. Ali inventou un 'compás' de cálculo. Descubriu as leis da caída dos corpos e atraxectoria dos proxectis, estudou o mevemento do péndulo e investigou a mecánica.
Estivo de acordo coa teoría de Copérnico de que a Terra xiraba ó redor do Sol, o que contradicía ó que se pensaba nesa época de que a Terra era o centro do Universo.
Enterouse de que nos Países Baixos se había inventado un telescopio. En 1609 había construído un telescopio de vinte aumentos, co que descubriu montañas e cráteres na Lúa, tamén se deu conta de que a Vía Láctea estaba composta de estrelas e descubriu os catro satélites máis grandes de Xúpiter. Publicou estes descubrimentos nun libro que se titula ''O mensaxeiro dos astros''; con isto fíxose moi famoso e foi nomeado matemático da corte e puido dedicarse a investigar e escribir.
Os mestres de filosofía burláronse del, xa que Aristóteles afirmara que no ceo só podía haber corpos esféricos e non podía aparecer nada novo. Publicou un libro sobre os corpos de flotación e un tratado sobre as manchas solares e por todo isto foi criticado e acusado de herexía por dicir que a Terra se movía.
O cardeal Belarmino avisou a Galileo de quen non defendese esa teoría. Durante uns anos mantívose en silencio, facendo investigacións científicas.
Galileo publicou un libro sobre as mareas no que se falaba das hipótesis de Copérnico e Tolomeo sobre isto e foi acusados pola Inquisición de sospeitoso de herexía e se lle condenou a prisión perpetua.
En 1979 Juan Pablo II abriu unha investigación sobre a condena de Galileo e en outubro de 1992 unha comisión papal recoñeceu que o Vaticano cometera un erro; a boas horas, 350 anos despois de que morrese.
ACTUALIZA BEATRIZ MÉNDEZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario