FÍSICA y QUÍMICA.. Bea&raQuel ~

sábado, 15 de diciembre de 2007

O ALCOHOL

Os alcoholes son un grupo de compostos químicos do carbono que conteñen o grupo OH. Comunmente, esta palabra utilízase para referirse a un destes grupos, o acohol etílico ou etanol, que é o das bebidas alcohólicas. Este nome provén dunha palabra árabe: al-khul, que era un po de antimono que se usaba para maquillar os ollos. Ó principio se lle chamaba alcohol a calquera po fino, per logo os alquimistas medievais de Europa o usaban para as substancias obtidas por destilación.

Os alcoholes clasifícanse segundo teñean un, dous ou tres grupos de hidróxido enlazados ás súas moléculas en monohidroxílicos (metanol e etanol), dihidroxílicos e trihidroxílicos. E tamén segundo teñan un, dous ou tres átomos de carbono enlazados co átomo de carbono ó que está unido o grupo hidróxido en primarios, secundarios ou terciarios. Os alcoholes interveñen en moitas reaccións, unha das máis importantes é a rección cos ácidos, na que se forman substancias chamadas ésteres. Están presentes na dixestión e nos procesos químicos no interior das células e atópanse nos texidos e fluidos de animaies e prantas.

METANOL:


É o alcohol de madeira. Chámase tamén alcohol metílico e a súa fórmula é CH3OH. Éste é o máis sinxelo dos acoholes. Antes preparábase pola destilación da madeira, pero agora case todo o que se produce é de orixe sintético. Prepárase a partir de hidróxeno e monóxido de carbono.
Utilízase para desnaturalizar etanol, como anticonxelante, como disolvente ou na sítese de compostos orgánicos. O metanol pode resultar perigoso se o bebes(en forma líquida) ou o inhalas(en forma de vapor).

ETANOL:

Temén chamado alcohol etílico, a súa fórmula é C2H5OH. É un líquido transparente e incoloro e ten un olor agradable. É o que se atopa nas bebidas como a cervexa, o viño, etc. Como ten un baixo punto de conxelación utilizouse nos termómetros para medir temperaturas máis baixas que o punto de conxelación do mercurio(-40ºC) e como anticonxelante nos radiadores dos coches. Ten un punto de fusión máis baixo que o metanol e un punto de ebulición máis alto.
Obtense por fermentación de azúcares, xa dende a antigüedade. Mediante este proceso fabrícanse todalas bebidas con etanol e a metade do etanol industrial. Moitas veces utilízase como materia prima o almidón da patata, do maíz e doutros cereais. A cimasa(enzima de la levadura), transforma o azucre en dióxido de carbono. A reacción da fermentación é a seguinte:
C6H12O6 -> 2C2 H5OH + 2CO2



é moi complexa, xa que se os cultivos de levadura son impuros producen moitas outras substancias, como a glicerina. O líquido fermentado contén entre un 7 e un 12% de etanol e, mediante unha serie de destilacións, concéntrase hata chegar a un 95%. A maioría do etanol que non é para o consumo humano prepárase sintéticamente, e tamén, un pouco, a partir da pulpa de madeira.
O etanol, ó oxidarse, produce etanal e ó oxidarse éste produce ácido etanoico. a partir do etanol obtéñense moitísimos productos químicos. Pódese mezclar con auga e coa maioría dos disolventes orgánicos e é un bo disolvente. Utilízase na elaboración de perfumes, lacas e explosivos. Se a disolución é de substancias non volátiles chámase tintura, se é de substancias volátiles chámase espíritu.

ALCOHOLES SUPERIORES:

Son os que teñen maior masa molecular que o etanol. Teñen outras aplicacións, como por exemplo o butanol, que se usa como base para perfumes e fixadores.





ACTUALIZA: BEATRIZ MÉNDEZ

No hay comentarios: