É unha forma de disminui-la forza que debes exercer sobre un obxecto para elevalo, aumentando a distancia. Así, a forza que é preciso exercer para subir unha mochila, por exemplo, polo plano inclinado é menor canto maior é a lonxitude deste.
O plano inclinado aparece de moitas formas, unha delas é en forma de cuña. Cunha cuña pódese elevar lentamente un obxecto ou partir un trozo de madeira xa que crea unha forza maior en ángulo recto que a forza que se aplica cada vez que se golpea a cuña. Un hacha é unha cuña afilada suxeita a un mango; a cabeza do hacha utiliza unha pequena forza, o golpe do hacha, para producir unha forza maior que corta cando o filo atrvesa separando a madeira en dous trozos.
Un tornillo é un plano inclinado enroiado ó redor do cilindro do centro. Nos tornillos da mesma lonxitude, a ventaxa é maior canto maior é a rosca, ou máis voltas teña, xa que cantas máis voltas a lonxitude do plano inclinado é maior.
Para elevar un obxecto fai falla certo traballo. A cantidade de traballo que se precisa é igual á forza par empuxar o obxecto multiplicada pola distancia ó longo da cal se exerce a forza:
Para elevar un obxecto fai falla certo traballo. A cantidade de traballo que se precisa é igual á forza par empuxar o obxecto multiplicada pola distancia ó longo da cal se exerce a forza:
TRABALLO = FORZA · DISTANCIA
-exemplo:
Subir unha maleta 1m. A maleta pesa 120 newtons, sen o plano inclinado habería que subir a maleta cunha forza de 120N ó longo de 1m. traballo=120N·1mCo plano inclinado é máis sinxelo realizar ese mesmo traballo. O plano inclinado pongamos que é unha táboa de tres metros.
Agora a forza necesaria son 40N ó longo de 3m, pero o traballo segue sendo o mesmo, xa que: 40N·3m=120N·1m. O plano inclinado fixo que fose máis fácil cambiando o ángulo en que se empuxa, agora non fai falla facer unha forza igual ó peso da maleta.
Así, no plano inclinado se cambia forza por distancia, sendo igual a cantidade de traballo.
ACTUALIZA: BEATRIZ MÉNDEZ
No hay comentarios:
Publicar un comentario