FÍSICA y QUÍMICA.. Bea&raQuel ~

sábado, 1 de diciembre de 2007

O AMONÍACO







O amoníaco é un gas tóxico incoloro con olor picante e moi soluble en auga. A súa fórmula é NH3 e está composto de nitróxeno e hidróxeno. Reacciona coa auga para formar NH4OH.
O seu punto de fusión é -77,7 °C e o seu punto de ebulición -33,35 °C. Ten unha densidad de 0,68 á súa tª de ebulición e a unha atmósfera de presión.

O descubriron os exipcios fai miles de anos, o obtiveron a partir da sal amónica, producida pola destilación de estircol de camello preto do templo de Xúpiter Amón, e, na memoria de Ra Amón, o deus do sol, o chamaron así.Logo, na Idade Media, en Europa, o obtiñan quentando pezuñas e cornos de bois e o chamaban espíritu de corno de cervo.O alemán Basil Valentine (un alquimista) obtivo o amoníaco libre, e no 1777, o químico francés Claude L. Berthollet determinou a súa composición.
Hoxe, a maioría doamoníaco se produce a partitr de hidróxeno y nitróxeno polo proceso de Haber-Bosch:


Carl Bosch Fritz Haber

Neste proceso se combinana nitróxeno do aire e hidróxeno da auga do mar a temperatura e presión elevadas para formar amoníaco. Soamente se utiliza unha pequena parte de nitróxeno e de hidróxeno, polo que se recirculan ó longo de todo o proceso.Este proceso chámase así porque o químico alemán Fritz Haber desenrolou un método para obter o amoníaco coa combinación dos seus elementos, o nitróxeno e o hidróxeno, e con iso gañou o Premio Nobel de Química en 1918. E logo o químico alemán Carl Bosch adaptou este método para o seu uso comercial.



É un elemento que pode causar danos á saúde das persoas: por exemplo, ó respiralo pode aumentar a presión sanguínea e se o respiras durante moito tempo podes chegar a morrer. O mesmo pode pasar se está en disolución acuosa (aq) e o bebes.


O amoníaco fórmase continuamente na natureza e pasa ó solo ou ó aire.Tamén moitas industrias e sectores emiten amoníaco ó aire: as que usan métodos refrixerantes, o gando, os animais domésticos, os fertilizantes e a combustión de combustibles fósiles.Oxídase pola acción bacteriana, primero ata nitrito e logo ata nitrato. Normalmente non está presente nas aguas dos pozos, xa que foi convertido polas bacterias do chan en nitrato.Fai pouco que se está observando como actúa o amoníaco na atmósfera e xa que aínda non se sabe como controlar as emisións desta substancia, non hai normas para controlala. Agora está catalogada como substancia contaminante.




ACTUALIZA: BEATRIZ MÉNDEZ
=)