FÍSICA y QUÍMICA.. Bea&raQuel ~

domingo, 13 de enero de 2008

A GRAVITACIÓN

A gravitación é a atrcción mutua de tódolos obxetos compostos de materia. E a
gravedade e a forza gravitatoria entre a Terra e os obxetos que están na súa
superficie ou preto dela.
As catro forzas que controlan as interaccións da materia son a gravitación, as forzas nucleares débil e forte, e a forza electromagnética.Hata agora non hai ningunha teoría que poida englobar ás catro forzas e tampouco se puideron detectar as ondas gravitacionais.

Isaac Newton cria que unha mesma idea poderia explicar por qué os obxectos caen ó chan e por qué a lúa xira ó redor da terra. A Terra exerce unha forza sobre os obxectos que fai que se aceleren ó caer, cando lanzas algo horizontalmente ocórrelle o mesmo e se acelera hacia abaixo, como cando cae en vertical;



canto máis rápido se tire o obxeto, máis lonxe chega. Newton imaxinou que se se lanzase un obxeto a moita velocidade, a sú traxectoria faría un círculo ó redor da Terra, e podería entrar nunha órbita circular, estaría sendo atraída ata o centro da Terra pero sen achegarse nunca a ela.



Se a velocidade fose ainda maior, a órbita sería elíptica.


Asi Newton enunciou unha lei que abarcaba todo isto, a lei de grvitación, que di que a atracción gravitatoria entre dous obxetos é directamente proporcional ó producto das masas dos dous obxetos e inversamente proporcional ó cadrado da distancia entre eles. Isto pódese expersar sendo F a forza gravitatoria, m1 e m2 as masas dos obxetos, d a distancia entre eles e G a constante gravitaoria. Agora esta lei utilízase para calcular as traxectorias das sondas espaciais.


A forza de gravedade que sofre o obxeto non é igual en todos os lugares da superficie da Terra, debida principalmente á rotación. A forza da gravedade que se mide, en realidade é unha combinación da forza gravitatoria e a forza centrífuga oposta. No ecuador, a forza centrífuga é relativamente alta, o que fai que a gravedad sexa relativamente baixa; nos polos, case non hai forza centrífuga, así, a gravedade é relativamente alta.

A gravedade soe medirse dacuerdo á aceleración que lle da a un obxeto na superficie da Terra. O valor da aceleración da gravedade cando se fan cálculos é de 9,80665 metros por segundo cada segundo. Así, se quitamos a resistencia do aire, un corpo que caiga libremente aumentará cada segundo a súa velocidade en 9,80665 metros por segundo.

2 comentarios:

Bea&raQuel* dijo...

dibujos hechos a manoo :)
por cierto, actualiza BEATRIZ MÉNDEZ

eloy dijo...

que dibujos tan buenos!!!