FÍSICA y QUÍMICA.. Bea&raQuel ~

lunes, 24 de marzo de 2008

FORZA MAGNÉTICA

O magnetismo é unha forza natural invisible que emiten algunhas pezas de metal ou de pedra que teñen enerxía para atraer ou repeler certos materiais. Os imáns encóntranse en estado natural nas rochas, debaixo da terra, pero tamén poden crearse dende substancias como o ferro ou o níquel. os imáns atraen moitas clases de aceiro, pero non poden atraer cobre, aluminio, latón , ouro, prata ou chumbo. Algúns imáns son ''permanentes'', porque soamente perden o seu poder magnético se se esnaquizan ou se chegan a quentarse moito. Os imáns utilízanse todos os días na vida cotiá.


Os imáns están rodeados de unha forza invisible (un campo magnético) que atrae as cousas dentro do seu campo. Os polos do imán que teñen o mesmo signo repélense e os de signo contrario atráense. Así, os imásn soamente se atraen se os seus polos contrarios están xuntos.

A Terra é como un imán xigante cun polo norte magnético. O campo magnético da Terra é máis intenso nestes polos, que están nunha posición diferente dos polos xeográficos da Terra. O polo norte magnético (preto dunha illa no norte de Canadá) descubriuno, por primeira vez, James Clark Ross en 1831. O polo sur magnético foi descuberto á altura da costa de Wilkes Land na Antártida en 1909. Os membros da primeira expedición á Antártida sobreviviron 122 días con provisións para a penas 93 días recorrendo a pé moitos kilómetros de territorio sen explorar.

Os científicos creen que o campo magnético da terra se produce polo núcleo de ferro fundido no centro da Terra. Este núcleo metálico fundiuse por causa das altísimas temperaturas que sofre. como a Terra dá voltas, as correntes eléctricas créanse no núcleo. Os científicos aplican este fenómeno dunha maneira semellante para producir electricidade nunha central eléctrica.

Hai 2.000 anos aprox. preto de Magnesia (hoxe Turquía), de onde ven o nome de magnetismo, descubríronse unhas rochas debaixo da terra que eran imáns naturais. Hai uns mil anos, os chinos déronse conta de que algunhas rochas sempre sinalaban o norte e o sur cando se colgaban dunha corda. Usaron estas rochas magnéticas como compases cos se axudaban para atopar a súa ruta nos acéanos. Chamáronas pedras quiadoras ou pedras imáns.




ACTUALIZA: BEARTIZ MÉNDEZ

1 comentario:

eloy dijo...

mois bos eses debuxos, bea!!!