FÍSICA y QUÍMICA.. Bea&raQuel ~

sábado, 3 de noviembre de 2007

O OSÍXENO


O osíxeno é un elemento químico de número atómico 8 e símbolo O. Na forma na que se soe atopar, O2, é un gas a temperatura ambiente. Representa máis ou menos o 21% en volumen da composición da atmósfera da Terra. É un dos elementos máis importantes da química orgánica e é moi importante no ciclo enerxético dos seres vivos, é esencial na nosa respiración, sen el mariríamos en moi pouco tempo. É un gas incoloro, inodoro e insípido, e dicir que non ten cor, non ule e non ten sabor. Existe tamén unha forma molecular que está formada por tres átomos de oxígeno, O3, denominada ozono, que é a que está presente na atmósfera e que protexe a Terra da radiación ultravioleta do Sol.


Características principais:

En condicións normais, o osíxeno encóntrase en estado gasoso formando moléculas de dous átomos (O2) que a pesar de que son inestables xenéranse durante a fotosíntesis das prantas e logo son utilizadas polos animais, na respiración. O osíxeno tamén se pode encontrar en forma líquida nos laboratorios.

Descubrimento:

Tradicionalmente o decubremento deste gas tan importante foi atribuido a un químico angloamericano, Joseph Priestley, en 1772, anda que o primeiro que publicou un traballo foi Lavoisier. Tamén Carl Wilhelm Scheele un farmacéutico e químico sueco publicou un libro no que describe o seu descubremento do osíxeno.

Ó quentar monóxido de mercurio, Priestley obtuvo dous vapores: o mercurio condensouse en gotiñas, pero quedaba un gas que no sabía o que era, entón Priestley xuntou ese gas nun recipiente e fixo algúns ensaios: se introducía unha astilla de madeira, ardía; se achegaba ratóns vivos, éstes volvíanse moi activos ( menos mal que non arderon ). En vista do cal, Priestley respirou un pouco dese gas e notou que se sentía moi lixeiro e cómodo, supoño que por iso a este gas chamouno aire desflogistizado, hoxe sabemos que era osíxeno ( un nome algo máis sinxelo de pronunciar ). Sin sabelo, Priestley foi a primera persoa que usou a mascarilla de osíxeno.


Outros datos sobre o Osíxeno:

A disminución de osíxeno provoca hipoxemia e a falta total del anoxia podendo provoca-la morte.

Ten tres isótopos estables e dez radioactivos. Todos os seus isótopos radioactivos teñen un periodo de semidesintegración de menos de tres minutos.
Pode ser tóxico a elevadas presións parciais.

Algúns compostos como o ozono, o peróxido de hidróxeno e radicais hidroxilo son moi tóxicos. O corpo humano desenrolou mecanismos de proteción contra estes compostos tóxicos. Por exemplo a glutation actúa como antioxidante, o mesmo que a bilirrubina.

O osíxeno é paramagnético, isto quere dicir que ten dous electróns soltos cuxos campos magnéticos forman unha línea cos campos magnéticos de fora. Cando ocorre isto as moléculas de osíxeno é coma se fosen imáns moi pequenos e quedan atrapados nos polos do electroimán.


Nesta imaxe se ve como o osíxeno líquido queda atrapado no campo magnético dos electroimáns.

2 comentarios:

Bea&raQuel* dijo...

aCtualiza: BEATRIZ MÉNDEZ =)

eloy dijo...

excesivamente parecido a:
http://es.wikipedia.org/wiki/Ox%C3%ADgeno