Fai máis ou menos 200 anos había dous tipos de hipóteses: había quen dicía que o mundo era como un "vacío", e os que o consideraban como un "cheo". Esta teoría viña dada polos Gregos, dende que dous científicos Leucipo e Demócrito dixeron que a materia estaba constituida por átomos moi pequenos que se movían nun espacio vacío. Sen embargo, a idea que predominou durante siglos foi a de Aristóteles, o cal dicía que o mundo estaba cheo de substancias como terra, auga, aire e lume, que eran os 4 compoñentes da parte do mundo á que el chamaba esfera lunar(¿ou lúar?), mentres que unha quinta substancia, o éter, cheaba os ceos. Ó longo destes anos fóronse descubrindo elementos químicos que se agrupan no SISTEMA PERIÓDICO DOS ELEMENTOS e grazas ó modelo estándar sobre o Universo primitivo e a teoría do BIG BANG fixeron que se poida saber (ou máis ben supoñer) a historia de cómo, a partir do instante cero do Universo, apareceron tódolos átomos.
Fai dous meses que o Dr. Armbruster e o seu equipo descubriron o elemento químico 112. O máis importante disto é que conseguían con isto o seu sexto descubrimento dun novo elemento químico.A súa masa atómica é 277, é dicir, que é 277 veces máis pesado que o hidróxeno, iso significa que é o átomo máis pesado producido polo home. O problema é que é moi inestable e se decompón moi rápido pola a emisión de partículas alfa dando lugar a un novo isótopo do ununnilio.O proceso pode continuar varias veces obtendo outro isótopo do hasio e asi outros máis hata chegar a un elemento máis estable, o fermio.
Este novo elemento ovtíbose fundindo átomos de zinc con un átomo de plomo. Para isto, os átomos de zinc foron acelerados(a verdade é que non sei moi ben o que significa isto de acelerados) e cando estes átomos de zinc a unha velocidade determinada, dirixíronse contra os átomos de plomo.
Este tipo de descubrimentos é fundamental para comprender cousas como o propio nacemento do Universo.
O grupo do GSI foron os descubridores de este elmento sen nome(o 112) e de todos os elementos químicos conocidos que van dende o 107 ó 112. E se espera que poidan existir elementos 113 e 114 e que poidan ser descubertos mediante esta mesma técnica.
1 comentario:
ACTUALIZA: Beatriz Méndez*
Publicar un comentario